quarta-feira, 19 de novembro de 2008

segunda-feira, 10 de novembro de 2008

CURSO SANTIAGO COMPOSTELA





SEGUINDO A ESCOLA DE AUGUSTO BOAL...COMPOSTELA ACOLLE UN OBRADOIRO DE TEATRO DO OPRIMIDO

En palabras de Augusto Boal, dramaturgo brasileiro e fundador do “Teatro do Oprimido”, este xénero “xamais foi un teatro equidistante, que rexeite tomar partido. É un teatro de loita. É o teatro dos oprimidos, para os oprimidos, sobre os oprimidos e polos oprimidos sexan traballadores, labregos, desempregados, mulleres, negros, mozos ou vellos, portadores de deficiencias físicas ou mentais, en fin, todos aqueles aos que se lle impón o silencio e aos que se lle retira o dereito á existencia plena...”

O “Teatro do Oprimido” recala en Compostela grazas a un obradoiro que impartirán o coordinador do Núcleo de Teatro do Oprimido do Porto (NTO), Hugo Cruz e Fran Ameixeiras. Ámbolos dous teñen formación con Augusto Boal e Bárbara Santos entre outros. Serán os días 28, 29 e 30 de novembro a un prezo de cinco euros por persoa para cubrir, sobre todo, o desprazamento dos “irmáns portugueses”, afirma Fran Ameixeiras.

Teatro para a ciadanía
O proxecto do “Teatro do Oprimido” pretende fortalecer a participación activa das persoas na construcción da cidadanía a través desta técnica teatral. Fomentando a transformación da sociedade a través do diálogo e da democratización da produción cultural. Este obradoiro de introdución ao TO é un dos primeiros que se programa en Galicia e a intención do mesmo é que as persoas e colectivos involucrados na transformación social coñezan o TO, ademais de poder ofrecelo como ferramenta de loita e que sexa empregado nos seus respectivos espazos: educación, hospitais, prisións, etc...

Horario
Venres noite: representación de Teatro Forum a cargo do NTO de Porto coa peza “O que é que se passa?” sobre a violencia doméstica.

Sábado: de 10.00 h a 14.00 h e de 15.30 a 19.30 h.

Domingo: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 17.30 h e a partires das 18.00 h rematarase coa escenificación das pezas que se crearán durante o curso, baseadas nas experiencias persoais dos e das participantes.

Prazas: 30

Para inscricións e máis información é de mester empregar o enderezo mrhullot@yahoo.es

quinta-feira, 6 de novembro de 2008

3ª EDIÇÃO PAIS, UMA EXPERIÊNCIA



Disponível em LivPsic

SUPERVISÃO EDUCAÇÃO PARENTAL

Mais informações aqui.

segunda-feira, 3 de novembro de 2008

APRESENTAÇÃO TEATRO-FÓRUM





Apresentação final do Curso Teatro do Oprimido da FPCEUP dia 30 Out.

As duas cenas construídas pelo grupo intitulavam-se "Vida a dois" e "Querer não basta para poder!" e tratavam respectivamente do abuso de poder por um dos elementos do casal e a precaridade laboral dos trabalhadores a recibo verde.